Este sitio utiliza Adobe Flash. Dispones de una versión antigua de Flash Player
Puedes descargarla en un minuto haciendo click en el siguiente botón
Patrocina
Mercanatura, mercado de productos ecolóxicos, naturais e artesanais, é un proxecto ideado pola Asociación de Veciñ@s dos Rosales, en colaboración coas Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña.
Dende o 19 de decembro de 2009, Los Rosales acolle un mercado de rúa que nace co obxectivo de dinamizar o propio barrio e convertilo nun lugar de referencia dentro da cidade coruñesa para a compra de produtos galegos naturais e de calidade.
En Mercanatura participan empresas de gastronomía galega, tanto postos de venda como de degustación. Ademais, Mercanatura tamén é o lugar idóneo para adquirir outros moitos productos elaborados con materias primas naturais e de maneira artesanal.
De forma complementaria á celebración do mercado, algúns establecementos hosteleiros da zona ofrecerán tapas ecolóxicas creadas con productos naturais. Ademáis en cada mercado nenos e adultos poden desfrutar de actividades lúdicas e complementarias.